O quecemento global, o desxeo polar e a acidificación da auga dos océanos en debate no IEM.
Este venres 6 de maio, na Aula de Cultura Ponte de Rosas o IEM recibe á oceanógrafa Débora Iglesias Rodríguez da Universidade de Southampton (UK). Iglesias, licenciada en Bioloxía pola USC, realizou a súa tese de doutoramento en Gales. Participou en varios proxectos de investigación da NASA (USA) e na Universidade de Nottingham. Na actualidade imparte aulas no National Oceanography Centre da Universidade de Southampton e dirixe un equipo de investigación de Bioloxía Molecular Mariña. No marco das TERULIAS do IEM 2010 – 2011, a convidada debaterá sobre o quecemento global, o desxeo polar e a acidificación da auga dos océanos, temas que integran algúns dos seus campos de investigación.
Podedes consultar máis información en
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/gallega/vigila/algas/elpepiautgal/20080503elpgal_19/Tes
http://www.achetudoeregiao.com.br/noticias/aquecimento0086.htm
http://nano.nstl.gov.cn/sea/MirrorResources/3605/index.htmllinkdir.html