“Están as Rías Baixas moi contaminadas?” Nova TERTULIA do IEM co Ricardo Beiras García-Sabell.
Este venres, 13 de xaneiro, TERTULIA do IEM co profesor de Ecoloxía e é Director da ECIMAT (Estación de Ciencias Mariñas de Toralla), Ricardo Beiras García-Sabell.
Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) e será o próximo venres 13 de xaneiro de 2012 ás 20:30h. Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 4 90 ou ben no correo electrónico direccion@minhor.org
O convidado
Ricardo Beiras García-Sabell licenciado e doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade é Profesor Titular de Ecoloxía no Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo ademais de director da ECIMAT (Estación de Ciencias Mariñas de Toralla).
A TERTULIA
As súas investigacións están centradas na contaminación mariña, ecotoxicoloxía e criterios de calidade da auga do mar. O seu relatorio do próximo venres centrarase en responder á pregunta “Están as Rías Baixas moi contaminadas?”
Tamén se achegou a creación literaria con O rectángulo do sol, 1996, Sotelo Blanco e na obra colectiva Berra liberdade, 1996, Galaxia.
O noso convidado será presentado polo membro do IEM e investigador do Centro Oceanográfico de Vigo (Canido) Santiago Fraga Rivas.