TERTULIA do IEM coa xornalista Ana Guantes.
O vindeiro venres 17 de xaneiro ás 20:30 horas, a xornalista Ana Guantes, na actualidade Subdirectora do informativo Hora 14 da Cadena Ser, será a convidada dunha nova TERTULIA do IEM. No encontro, a periodista fará un repaso pola súa traxectoria en medios do país e abordará varios aspectos da actualidade xornalística. A presentación do faladoiro estará a cargo da arquitecta Rosa Mouriño (IEM). O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar).
Despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 490 ou ben no correo electrónico oficina@minhor , ata o xoves 16 de xaneiro ás 22 horas.
Ana Guantes.
Ana Guantes traballou durante 18 anos na Radio Vigo da Cadena Ser. Leva seis anos en Madrid na mesma cadea, agora a nivel nacional. Na etapa en Vigo desenvolveu a súa tarefa xornalística cubrindo diversos eidos: deportes, política, exteriores, sociedade, eleccións… Tamén foi corresponsal de varias cabeceiras da prensa escrita e revistas. Realizou un programa de deportes e outro de reportaxes para Localia Televisión.
Trasladouse a  Madrid onde comezou como xefa da sección Reportaxes e Especiais Electorias da SER. Ese mesmo ano foi condutora do espazo “La Ventana” de Gemma Nierga durante o verán. No inverno incorporouse ao programa “Hoy por hoy” de Francino como xefa de redacción no que estivo durante cinco anos e no que asumía a condución tamén durante o verán. Desde o pasado mes de setembro traballa nas mañás da cadea como subdirectora do informativo “Hora 14”.
Etiqueta:Ana Guantes