TERTULIA do IEM con Miguelanxo Prado
Este venres, 1 de febreiro, TERTULIA do IEM con Migelanxo Prado, o coñecido creador vinculado á ilustración, os comics, a cinematográfía, así como a outros eidos da cultura. O convidado será
presentada polo debuxante e biólogo do CEMMA, Alfredo López (TOKIO).
Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) e será o próximo vernres 1 de febreiro de 2013 ás 20:30h. Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 490 ou ben no correo electrónico direccion@minhor.org, ata o xoves 31 de xaneiro ás 22 horas.
Etiqueta:Miguelanxo Prado