Tertulia con Albino Prada
Continúan os faladoiros do IEM. Nesta ocasión estará con nós o economista e profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, ALBINO PRADA que será presentado polo membro da Xunta de Goberno do IEM, Xosé Manuel García Crego.
O relatorio do profesor Albino Prada versará sobre: “Galicia fronte á crise: Estructura e estratexia económica”.
Para máis información podedes visitar http://webs.uvigo.es/aprada/
Como sabedes o faladoiro, que terá lugar o próximo* venres 5 de febreiro*, dará comezo ás *20:30h*. e nesta ocasión, como todo ciclo, terá lugar na *AULA DE CULTURA PONTE DE ROSAS* (Avda. da Feira 10, Baixo, Gondomar). Ao remate haberá do faladoiro haberá unha cea coa nosa convidade que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe, para asistir á mesma é necesario facer reserva polo que os/as interesados/as podedes facelo en resposta a este correo ou ben no 680 644 490
Etiqueta:albino prada