11º XEIRA ALÉN MIÑOR: A Fonsagrada 12,13,14 E 15 DE OUTUBRO DE 2017.
11º XEIRA ALÉN MIÑOR: A Fonsagrada
12,13,14 E 15 DE OUTUBRO DE 2017
A Fonsagrada- A Raia Asturiana (etnografía, historia, identidade, paisaxe, abandono do rural)
Principiado o outono encamiñarémonos cara á Comarca da Fonsagrada e as veciñas terras asturianas de Oscos e Salime, para gozar e alimentar o noso espírito e sensibilidade co seu rico patrimonio natural, etnográfico, lingüístico e cultural recoñecido dende o ano 2007 como reserva da Biosfera por parte da Unesco.
A titularidade de que é o concello de máis extensión de Galicia, xunto con que case un 80 % do seu territorio está ocupado por superficie forestal significa que o sentimento de ruralidade, de apego ós costumes está moi enraizado na veciñanza. Noutrora foi un concello densamente poboado; nos anos 20 do século pasado estaban censadas 17.000 persoas, na actualidade non chega os 4.000 habitantes.
A súa paisaxe esgrevia facilitou o desenvolvemento dunha natureza impoñente, que o mesmo tempo complicou as comunicacións co resto de Galicia, favorecendo o seu illamento. Esta circunstancia carrexou un atraso económico e social respecto a outros zonas do país (como exemplo, a luz eléctrica chegou a Fonsagada no ano 1983) ó mesmo tempo que favoreceu o desenrolo dun rico patrimonio lingüístico e cultural, compartido coas comarcas irmáns dos Oscos-Eo, como o demostra o galego falado que non entende de fronteiras territoriais.
“A Fonsagrada, monte sen leña, fontes sen auga, muller sen vergoña, home sen palabra” (dito popular)
ITINERARIO
Horario aproximado
- 1º día, xoves 12 Outubro-Saída 8.00 GondomarChegada a A Fonsagrada 12.0012,15 Visita Museo ETNOGRÁFICO14,15 Xantar na Fonsagrada16.15 Visita ó pobo Lamas de Moreira (arquitectura singular, etnografíae paisaxe)18.30 Paseo por A Fonsagrada con explicación do topónimo e a historia21.00 Cea na Fonsagrada.
- 2º día, venres 13 Outubro-9.00 Almorzo Casa Manolo e Albergue Cantábrico10.30 Seimeira de Vilagocende12. 00 Paseo ata a Pena do Inferno, praia fluvial da Fonsagrada14.00 Xantar na Pena do Inferno16.15 Visita a Fornaza e miradoiro de Arexo (historia do ferro, a fábrica, o encoro de Gran Suarna, a estrada da República etc)18.00 Negueira de Muñiz con parada nunha adega e no miradoiro de Nogueira (comuna hippy)19.30 Troba do Burón , antiga cabeza do concello20.30 Charla sobre o galego da bisbarra Eo-Naviega (Antón Santamarina, RAG)21.00 Cea na Fonsagrada
- 3º día, sábado 14 Outubro-9.00 Almorzo Casa Manolo e Albergue Cantábrico10.45 Museo etnográfico de Grandas de Salime12.30 Museo arqueolóxico e Castro de Grandas de Salime14.30 Xantar en Mazonovo, Santa Eulalia de Oscos16.45 Visita a ferrería de Mazonovo18.00 Visita e paseo por Santa Eulalia de Oscos20.00 Porto do Acebo (Batallón Galicia e o Comandante Moreno)21.00 Cea libre na Fonsagrada
- 4º día, domingo 15 de Outubro-9.00 Almorzo Casa Manolo e Albergue Cantábrico10.15 Camiño dos pintores-Allonca12.30 Dolmen de Montouto-Real Hospital de Santiago de Montouto14.30 Xantar no Cádavo (Baleira).
CARACTERÍSTICAS DA VIAXE
DATA: 12-15 de Outubro 2017
GUÍAS: Laura Fernández, Pegerto Saavedra e Juanjo Molina.
Colaboracións: Antón Santamarina, M. Xosefa Ortiz.
HORARIO APROXIMADO
SAÍDA DO AUTOCAR, 12 Outubro, xoves: 8:00 de Gondomar dende a explanada do Pavillón de deportes.
CHEGADA: 15 de Outubro, domingo aproximadamente ás 21.00, ó mesmo lugar de partida.Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ao teléfono 986 360575, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a oficina@iem.gal
- PREZO SOCIOS/AS: 228 EUROS
- PREZO NON SOCIOS/AS: 240 EUROS
- Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164
O prezo inclúe a viaxe en autobús de 56 prazas, o seguro, aloxamento, almorzo, catro xantares, dúas ceas, as visitas ós museos e guías.