Exposición gravados monotipo + cerámica Peixes de tinta e barro
Expóñense por primeira vez no Val de Miñor ÂÂ gravados monotipos baseados na técnica xaponesa chamada Gyotaku. Esta técnica naceu da necesidade que tiñan os pescadores de anunciar a súa mercadoría na praza. Na segunda metade do século XX o Gyotaku converteuse nunha manifestación artística.
A mostra que se presenta na Capitanía Marítima de Baiona reúne gravados de distintas especies da fauna mariña galega; fauna que tamén é a fonte de inspiracións das pezas que presenta a ceramista Ana Fuentes.