Proxección do documental ” A Guerra tamén foi nossa”da RTP, Radio Televisión de Portugal, sobre a historia dos portugueses represaliados polo franquismo na guerra civil española.
O Instituto de Estudos Miñoráns presentará o vindeiro mércores 31 de maio, ás 20:30H na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar a proxección do documental” A Guerra tamén foi nossa” da RTP, Radio Televisión de Portugal, sobre a historia dos portugueses represaliados polo franquismo na guerra civil española.
Haberá un coloquio coas autoras da reportaxe Ana Luisa Rodrigues e Carla Quirino.
Presentarán o acto Xilberte Manso de la Torre e Antonio Arauxo Quintas.