• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Uncategorized

      • Inicio
      • Blog
      • Uncategorized
      • XVI XEIRA ALÉN MIÑOR ALTO MIÑO- CASTRO DE VILADONGA (2-3 de xuño de 2018)
      101_8317

      XVI XEIRA ALÉN MIÑOR ALTO MIÑO- CASTRO DE VILADONGA (2-3 de xuño de 2018)

      • Publicado por IEM
      • Categorías Uncategorized
      • Data 7 Maio 2018
      • Comentarios 0 Comentarios
      O nacemento do rio Miño e todo o seu curso alto forman parte do espazo natural “Reserva de Biosfera Terras do Miño” que nos seus máis de 363.000 hectáreas integra diversos hábitats e paisaxes de montaña e fluviais. A Reserva de biosfera Terras do Miño alberga unha das mellores representacións de ecosistemas naturais atlánticas, con grandes carballeiras, bosques de ribeira e matogueira. O sistema fluvial complétase con outras pequenas zonas húmidas como a Lagoa de Cospeito, as Lagoas de Pedroso ou Riocaldo en Begonte, a Lagoa de Bardancos ou Caque en Castro de Ribeiras de Lea, a Veiga de Pumar en Castro de Rei e a Lagoa do Rei de Rábade A paisaxe da Reserva conserva aínda os sistemas agrarios tradicionais, en forma de agras, así como o pastoreo extensivo nas zonas máis elevadas. As parcelas están cercadas por sebes vivas e grandes ferros de xisto ou lousa. A Reserva contén un rico patrimonio cultural que inclúe a maior concentración de xacementos paleolíticos de Galicia (cun gran número de túmulos megalíticos), castros e asentamentos romanos. A iso hai que engadir edificacións medievais de gran interese como o Mosteiro de Meira. Do patrimonio tradicional consérvanse muíños, mazos, ferrerías e olerías, vinculados ao aproveitamento industrial da forza da auga.
      Primeiro día
      Viladonga é un castro de gran tamaño, monumentalidade e sona. Xacemento senlleiro, da primeira historia dos poboadores galegos. Ten unha forte pegada na tradición oral e no folclore da comarca. E unha das referencias culturais galegas polo seu interese histórico e cultural, pero tamén por como se planificou e se xestionou dende o seus comezos, cumprindo cunha función social, cultural e didáctica, a maiores da puramente turística.
      Viladonga é un exemplo dos castros que se seguen habitando despois da conquista romana do noroeste, e convérteo nun lugar clave para estudar e entender o desenvolvemento e a evolución da Cultura Castrexa na etapa galaico-romana, conservando estruturas e materiais de tradición anterior (Idade de Ferro) pero achegando trazos e elementos foráneos procedentes doutras partes do Imperio Romano, próximas ou distantes. Ocupa a coroa dun monte, a unha altura de 550 m e ten unha extensión aproximada de 4 hectáreas. A importancia do museo no contexto do xacemento é fundamental. Paralelamente a isto a súa implicación e compromiso co territorio e a idiosincrasia chairega é total. Dende as orixes das escavacións (1971) ata a apertura do museo (1986) tívose un especial interese en que o criterio museográfico da súa montaxe estivese marcado polo carácter didáctico do alí exposto. A calidade dos fondos mostrados, xunto cos elementos que favorecen ao visitante a comprensión da información asociada á grandiosidade do xacemento e da paisaxe na que está mergullado, farán dela unha estadía inesquecible.
      Lagoa de Caque ou Bardancos
      Cospeito e a lagoa de Caque forman dous dos principais sistemas lacustres de Galicia. Ambos os espazos son lagos de carácter seminatural, cuxa forma actual é debida a proxectos de rexeneración que deixan atrás os intentos de desecación de tempos pasados. Os observatorios e paseos circulares conxugan a súa accesibilidade coa conservación das fráxiles zonas húmidas. Trátase dunha paisaxe modelada pola actividade agrícola e gandeira no que aínda hai espazo para a conservación de manchas boscosas autóctonas. Carballeiras, soutos e especies asociadas ás ribeiras fluviais converten o lento fluír das augas nun lugar de gran beleza e quietude.

      Castro de Rei
      Capitalidade histórica do concello, co seu antigo núcleo ás beiras do río Azúmara. Posúe un rico patrimonio con moitísimas referencias de arquitectura civil: pazos, casas grandes e torres, a maioría delas construídas entre os séculos XVIII e XIX. Noite en Lugo.
      Segundo día
      Achegamento á Lagoa de Fonmiñá (un dos illós do primeiro Miño…) onde se xuntan augas subterráneas e de orixe kárstica, procedentes de diversos nacentes. Aquí o Miño “colle corpo” para seguidamente e paseniño percorrer os 340 km aprox. ata mixturarse co salgado da costa Miñota.
      Estas augas proceden do seu nacemento, uns 10 kms máis arriba, no Pedregal de Irimia. Morrena glaciar de, aproximadamente, 700 mts de lonxitude. Depósito de rochas onde emerxen as augas subterráneas polo final dun embude de pedras. Este espazo é obxecto de multitude de lendas relacionadas co río Miño.
      Mosteiro Cisterciense de Meira
      Coñecido desde o ano 997, cando posiblemente era unha casa beneditina. A súa fundación efectuouse entre os anos 1151 e 1154. A casa foi reformada e en 1503 integrouse á Congregación Cisterciense de Castela, o que levou este establecemento a unha época de estabilidade e riqueza que permitiu a súa renovación arquitectónica. Nesta época emprendeuse a construción dun novo claustro en substitución da anterior e doutro, de nova planta, coas súas dependencias anexas.
      Xa no século XIX, o mosteiro sufriu os efectos da guerra da Independencia, transformándose en hospital. Unha vez recuperado e restaurado sufriu unha nova dispersión temporal dos monxes con motivo do Trienio Liberal. Despois a desamortización de 1835 deixouno definitivamente sen comunidade relixiosa. O mosteiro atopábase en estado de ruína cando en 1845 foi entregado ó Concello. Máis adiante, restauráronse algunhas das dependencias, especialmente a igrexa e actualmente só se conserva este edificio e unha parte das dependencias ocupadas pola reitoría e as oficinas municipais.

      Mazo de Ferreira Vella (Riotorto)
      A primeira referencia histórica á artesanía do ferro en Riotorto atopámola na documentación medieval do Século XVI do convento de Vilanova de Lourenzá. Esta foi de gran peso no municipio de Riotorto. Por iso é polo que se concibiu a idea de restaurar e mellorar os mazos co fin de dar a coñecer esta profesión que, actualmente, se atopa en perigo de extinción.
      Os ferreiros destacaron e destacan principalmente pola elaboración manual de fouces e coitelos, ferramentas que, en todo caso, se caracterizan por unha maior calidade fronte ao produto de fábrica. Antigamente denominábanse mazos de auga e movíanse por forza da auga, hoxe en día todos son mazos eléctricos. Con estes e co martelo na bigornia (neste caso manualmente), os ferreiros van dando forma ao aceiro, que previamente poñen ó lume a altas temperaturas.

      CARACTERÍSTICAS DA XEIRA DATA: 2-3 Xuño de 2018
      GUÍA PRINCIPAL: Felipe Arias Vilas (Exdirector do museo do Castro de Viladonga, arqueólogo, historiador e profesor-investigador ad honorem na Facultade de Humanidades da USC en Lugo
      HORARIO APROXIMADO SAÍDA DO AUTOCAR Sábado: 8:00 de Gondomar, dende a explanada do Pavillón de deportes. CHEGADA: Domingo, aproximadamente ás 21.30, ó mesmo lugar de partida. Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ao teléfono 986 360575/627 276816, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a oficina@iem.gal ·
      PREZO SOCIOS/AS: 130 EUROS · PREZO NON SOCIOS/AS: 140EUROS · Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164

      No caso de habitación individual engadiranse 50€.
      PRAZO DE REMATE PARA INSCRIBIRSE-22/5
      O prezo inclúe a viaxe en autobús de 56 prazas, o seguro, xantar de sábado e domingo, hotel, almorzo do domingo, o guía e as visitas.

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Presentación do libro Serra da Groba. A formación da paisaxe de Xurxo Pérez Pintos e Xosé María Bouzó Fernández. Venres 27 de abril ás 20:30h
      7 Maio 2018

      Siguiente publicación

      O IEM e o Concello de Gondomar homenaxean a María Victoria Moreno.
      8 Maio 2018

      Tamén che pode interesar

      iemministerio
      As Causas Militares do Val Miñor 1936 – 1939
      7 Setembro, 2018
      captura de pantalla 2018-06-23 a las 23.57.17
      O IEM acolle a presentación da obra Entre guerra e pub de La sombra del oso. Mércores 4 de xullo ás 21:00h.
      23 Xuño, 2018
      cartaz iem toponimia
      Presentación da toponimia de Vilaza. Sábado 16 ás 18:30 h.
      11 Xuño, 2018

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?