A visita ao pazo do Conde de Gondomar en imaxes.
{youtube width=”250″ height=”200″}eg24rDYpM8k{/youtube}
Máis de 200 persoas seguiron a visita ao pazo do Conde do Gondomar, guiada polo noso compañeiro Antonio Soliño Troncoso. A tarde do pasado mércores acompañou cunha espectacular soleira que salientou o fermoso enclave senlleiro da vila miñorana. Os participantes gozaron dunha maxistral presentación previa á visita feita tanto por Antonio como por Carlos Méixome sobre a historia e arquitectura do pazo, así como da figura Diego Sarmiento de Acuña, primeiro conde de Gondomar
.
Unha vez no pazo, Antonio foi presentando a riqueza natural e patrimonial que agocha a casa agora ocupada polo seu descendente Gonzalo Fernández de Córdoba y Narváez, quen encargouse persoalmente de amosar a capela e patio de armas da finca. Con esta visita o IEM da por finalizado o calendario de xeiras do verán 2011.
Etiqueta:Xeiras do verán 2011