Baixo a Serra do Galiñeiro e a luz da lúa visitamos os petróglifos do complexo Auga da Laxe en Vincios.
{youtube width=”250″ height=”200″}InRC6B12bDc{/youtube}
Aprendemos que a Serra do Galiñeiro contén moito máis que pedras, fentos e piñeiros. Que a tradición aínda cabalga nos poldros ceibes e os curros multitudinarios. Contemplamos o Val Miñor dende a altitude, e coñecemos algúns dos seu topónimos e do perigo de esquecerllos. Falamos de beleza e o valor histórico do patrimonio que agocha a serra, tamén do seu posible destino como parque eólico. Miramos cómo se facían os machados líticos hai centos de miles de anos e percorremos o monte ata chegar a Pedra das Procesións, o maior escudo de armas gravado nun petróglifo que leva no rocha entre 6 e 4 mil anos. Unha nova xeira do IEM na que participaron como guías Eduardo Méndez, Xilberte Manso e Xosé Lois Vilar e que invita á reflexións, ao gozo e a seguir participando destas andaínas.O vindeiro venres 15 de xullo desenvolverase a xeira de Arte Rupestre polos petróglifos de Tourón en Pontecaldeas coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar, e o equipo de xeiras do IEM. O punto de encontro será o Centro de Interpretación de Arte Rupestre de Tourón, ás 22:30 horas.
{youtube}InRC6B12bDc{/youtube}
Etiqueta:As Xeiras do Verán 2011