Imaxes da visita aos petróglifos de San Xurxo de Sacos.
{youtube width=”250″ height=”200″}m9-wIS_JI_A{/youtube}
O equipo de arqueólogos e das xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos trasladouse o pasado venres 30 de setembro ao concello de Cotobade, onde se fixo unha percorrida pola arte rupestre na parroquia de San Xurxo de Sacos. O punto de encontro foi na Casa do Pobo de San Xurxo de Sacos onde o especialista Xosé Lois Vilar (IEM) mantivo un coloquio sobre “Arte Rupestre en Galicia”. Posteriormente o equipo de xeiras trasladou aos visitantes ata os lugares de observación. A percorrida incluíu os petróglifos Do Lombo, Da Costa, Da Portela da Cruz e A Laxe do Cuco.
Etiqueta:San Xurxo de Sacos