Imaxes da visita nocturna a Santa Tegra (A Guarda).
{youtube width=”250″ height=”200″}4yAwczpqcaI{/youtube}
A visita ao Castro de Santa Tegra (A Guarda) comezou cun coloquio sobre “Escenas da arte rupestre en Galicia”, a cargo do arqueólogo Xosé Lois Vilar na Casa da Cultura, da que participaron próximo ás 180 persoas. Inmediatamente despois, unha longa columna avanzou ata o Castro de Santa Tegra, onde tamén baixo a guía de Vilar, e os membros do equipo de Xeiras do IEM, visitouse o conxunto de petróglifos desa estación.A visita rematou cando cara á desembocadura do Río Miño, Vilar fixo un percorrido pola etnografía mariñeira (mar e río), uns dos valores máis senlleiros do patrimonio do Baixo Miñor. A continuación acompañou unha contemplación nocturna da desembocadura cun faladoiro dedicado á toponimia e talasonimia da zona.
Etiqueta:santa tegra, Xeiras verán 2011