O encanto da Serra da Groba encheu de maxia e misterio a Noite de estrelas e Lobos.
{rokbox title=|Noite de estrelas e lobos| thumb=|images/stories/videos_capas/noite-estrelas-e-lobos.jpg| size=|854 505| album=|demo|}http://www.youtube.com/watch?v=itLOqrebt_4 {/rokbox}
Centos de persoas gozaron do entorno máxico e misterioso que achega unha visita nocturna á Serra da Groba. Próximo ás 300 foi o número de persoas que a través dos guías do IEM e da Agrupación Astronómica Rías Baixas, achegáronse aos tesouros arqueolóxicos, etnográficos, toponímicos e astronómicos que agocha este enclave natural emblemático do Val Miñor.O experto etnográfico Xilberte Manso dirixiu unha inesquecible dramatización da caza do lobo, no Foxo de Pedriño, lugar onde hai séculos, os veciños da zona a practicaban. Nesta ocasión, foron os visitantes os que tiveron a oportunidade de participar da aventura. O arqueólogo e historiador Xosé Lois Vilar fixo un percorrido pola riqueza arqueolóxica que testemuña a pasaxe da vida humana dende a prehistoria ata o presente na Serra, as súas diversas apropiacións e adaptacións, así como a riqueza toponímica e talsonímica que o correr do tempo deixou na zona.
A visita rematou entrada a madrugada cunha fermosa observación do ceo nocturno que dirixiu o experto Gustavo Sanromán a que foi apoiada polo instrumental e orientación dos astrónomos da Agrupación Astronómica Rías Baixas.
Etiqueta:Xeiras verán 2011