Reportaxe fotográfica da Xeira polos muíños de Vincios e a igrexa parroquial de Santa Mariña.
Máis de 160 persoas participaron da Xeira polos muíños de Vincios e a igrexa parroquial de Santa Mariña este martes 29 de agosto de 2012. O grupo compartiu, nunha soleada tarde un interesante percorrido polo sendeiro de muíños recentemente acondicionado pola AC Pedraghullo. A visita ao roteiro contou coa guía do equipo de Xeiras do IEM (Xosé Ramón García e Xilberte Manso) e máis representantes da AC Pedraghullo. Posteriormente, o arquitecto Antonio Soliño Troncoso (IEM), foi o encargado de amosar a contorna e interior da igrexa parroquial de Santa Mariña de Vincios.
O noso compañeiro Xilberte, rexistrou unha fermosa reportaxe fotográfica da Xeira que compartimos nesta nota.














Etiqueta:xeiras 2012