Xeira polas minas de ouro romanas na Serra da Groba.
No longo paseo e xantar por Pinzás imos ollar unha explotación aurífera romana; Os Buracos dos Mouros, aínda que hai máis no Recosto de Curuxeiras,no lombo de Reinosos, no Lombo do Cazón, todas en Pinzás e continúan nos montes de Barrantes na Tomada do Ferreiro, A Cova da Vela, As Covechas do Carballo, As Minas Vellas ou de considerable tamaño na Presa da Auga, A Regueira do Penedo ou Buraco da Cova do Loureiro.
Os romanos cando conquistaron o noroeste da Península Ibérica trouxeron unha lingua nova e uns deuses e un novo dereito e mandaron construír pontes, cidades, vías empedradas pero tamén levaron, entre outros produtos e saberes o ouro que cataban moi ben. Disque collían area na desembocadura dos ríos para analizar se tiña ouro. Se o resultado era positivo ascendían río arriba até dar con filóns orixinais e proceder á súa explotación combinando o traballo manual con axuda hidráulica e deixando a pegada nestas minas a ceo aberto 1800 ou 1900 anos máis tarde nestes xacementos arqueolóxicos auténticos museos ao aire libre.
Daniel Perry James , xeólogo e director xerente da empresa canadiano Medgold Resources Lda, vén de proporlle á Consellería de Industria da Xunta de Galicia que quere investigar durante 3 anos, 275 cadrículas mineiras de 39 hectáreas cada unha, é dicir, uns 82,5 quilómetros cadrados, o equivalente á superficie de todo o concello de Oia, ou case tres veces o de Baiona. A terra que piden para furar pertence aos concellos de Baiona, Gondomar, Tui, Oia, O Rosal e sobro todo Tomiño. Concederlle os permisos depende , en primeiro lugar, dos informes de Medio Ambiente , da Dirección Xeral de Patrimonio e dos informes do concellos. Cos propietarios da terra, sexan Comunidade de Montes, sexan persoas particulares, non contan para nada. O subsolo é do Estado Español.
O cata que pariña maxina danoca. O docraibo.
Datos da xeira e coloquio por Pinzás
O vindeiro sábado día 1 de xuño de 2013, terá lugar a xeira “Pinzás: Toponimia, Ouro e Morte”, na que percorreremos a aldea e montes de Pinzás (Tomiño) coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM). O punto de encontro será ás 10 horas na Casa do Pobo onde terá lugar un coloquio previo á andaina. Posteriormente sairase ao monte, onde terá lugar un xantar, levando cadansúa comida.
A actividade está organizada pola Asociación de Veciños de Pinzás e conta coa colaboración do IEM, a Federación de Asociacións de Tomiño e o Concello de Tomiño.
Preme aquí para ver a Casa do Pobo en Google Maps.
Folleto informativo
Etiqueta:Xeira por Pinzás