• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Calendario

      • Inicio
      • Blog
      • Calendario
      • 10º XEIRA ALÉN MIÑOR- As fortificación da Raia Húmida: Goián-Vila Nova de Cerveira-Estás. O Conxunto defensivo de Goiás-Vila Nova de Cerveira-Medos Sábado, 13 de maio ás 8:00h
      s

      10º XEIRA ALÉN MIÑOR- As fortificación da Raia Húmida: Goián-Vila Nova de Cerveira-Estás. O Conxunto defensivo de Goiás-Vila Nova de Cerveira-Medos Sábado, 13 de maio ás 8:00h

      • Publicado por IEM
      • Categorías Calendario
      • Data 10 Abril 2017
      • Comentarios 0 Comentarios
      10º XEIRA ALÉN MIÑOR MAIO 2017

      As fortificacións da Raia Húmida: Goián-Vila Nova de Cerveira-Estás

      O Conxunto defensivo de Goián-Vila Nova de Cerveira-Medos

      ITINERARIO Sábado 13
      Mañá
      Comezaremos no Alto do Cervo dende onde poderemos ter unha panorámica da paisaxe e facer unhas explicacións xerais. Logo baixaremos á Atalaia do Espírito Santo, o Forte de Lovelhe e Vila Nova de Cerveira..
      Xantar en Goián
      Tarde
      Visitaremos Goián: A Concepción, As Chagas e O Forte de San Lourenzo. Este sería o conxunto que construíron os portugueses no seu territorio e no noso. Logo iriamos ao Castelo de Medos en Estás, feito polos galegos para evitar o paso dos portugueses cara a Tui.
      Se finalmente houbese tempo, visitaríase a Fortaleza de Amorín no concello de Tomiño que pertence xa a outro conxunto.
      CARACTERÍSTICAS DA VIAXE

      DATA: 13 de Maio

      GUÍA: Rebeca Blanco (Dra. en arqueoloxía pola Universidade do País Vasco. Actualmente investigadora postdoutoral da Xunta de Galicia con estancia na Universidade de Minho. A sea especialidade son as paisaxes fortificadas da época moderna e a arquitectura eclesiástica altomedieval)
      HORARIO APROXIMADO
      SAÍDA DO AUTOCAR : 8:00 de Gondomar dende a explanada do Pavillón de deportes.
      CHEGADA: Aproximadamente as 21.00, o mesmo lugar de partida.
      Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ao telefono 986 360575, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a oficina@iem.gal
      PREZO SOCIOS:33 EUROS
      PREZO NON SOCIOS:38 EUROS

      Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164

      O prezo inclúe a viaxe en autobús de 56 prazas, co seguro, o xantar, e a guía.
      O Baixo Miño é un espazo localizado ao Sur da provincia de Pontevedra que corresponde ao último tramo do río Miño onde este fai fronteira con Portugal, coñecido como “Raia Húmida”. Este espazo destaca tanto pola súa realidade xeográfica, pois constitúe unha importante zona de protección medioambiental, como pola paisaxística ou histórica, xa que forma parte da fronteira histórica entre Portugal e España, considerada como a máis antiga de Europa, xa que o seu deseño se levou a cabo ao longo dos séculos XII e XIII e quedou practicamente configurada sen apenas modificacións dende 1297 co Tratado de Alcañices.

      Un dos aspectos a destacar do último tramo do río Miño é que nel se conserva unha importante paisaxe fortificada que corresponde a dúas realidades históricas distintas: a fronteira medieval e a da Idade Moderna. Nel podemos observar aínda as pegadas das arquitecturas que se construíron con motivo da defensa da fronteira, a un e outro lado do río Miño. Esta xeira ten como obxectivo percorrer un dos conxuntos que se localiza entre as poboacións de Goián e Vila Nova de Cerveira, de maneira que poidamos comprender a transformación que se produciu no xeito de fortificar entre A Idade Media e a Moderna e analizar unha paisaxe cultural que está fosilizada nestecontorno.

      En 1580 Filipe II anexiona Portugal ao Imperio Hispánico tras a crise de sucesión portuguesa. Pero, despois de varios anos de conflitos internos, o 1 de decembro de 1640prodúcese un asalto ao Palacio de Lisboa e o Duque de Bragança proclámase rei de Portugal como João IV, dando inicio a Guerra da Restauração Portuguesa (1640-1668). Esta guerra levou aparellada unha transformación da paisaxe anterior, xa que foi necesario realizar unha modernización das fortificacións medievais para adaptalas ao novo arte da guerra, as novas armas de fogo e a nova maneira de fortificar.

      Na fronteira Miñota, foron xurdindo unha serie de conxuntos fortificados construídos polos exércitos portugués e castelán, onde existían grandes poboacións anteriores que xa contaban cunha defensa, pero que agora quedaba obsoleta: son os casos de Camiña-A Guarda, Goián-Vila Nova de Cerveira, Valença-Tui ou Salvaterra-Monção. En total identifícanse ata oito conxuntos defensivos destas características.

      O Conxunto defensivo de Goián-Vila Nova de Cerveira-Medos

      O conxunto que visitaremos componse de seis fortalezas na zona galega, pertencentes ao concello de Tomiño, e catro na portuguesa situadas no municipio de Vila Nova de Cerveira. Destas dez fortificacións unicamente foron de nacionalidade española no momento de construción do conxunto o Castelo de Medos (Estás) construído en 1663 trala toma por parte do exército portugués da Vila da Barca de Goián. Nese momento, os portugueses eliminan as fortificacións galegas (o forte da Barca e a Torre dos Correa) e constrúen un complexo conxunto defensivo en territorio galego que chegou ata os nosos días en moi mal estado de conservación. A maior parte destas fortificacións foron realizadas en terra, xa que eran fortificacións de campaña que executar rapidamente mentres a guerra continuaba o seu curso. Pola contra, reforzan o seu Castelo medieval de Vila Nova de Cerveira e constrúen outras fortificacións no seu contornoxa de pedra, o que permitiu o seu mellor estado de conservación.

      A principal funcionalidade deste conxunto era o control dunha unidade xeográfica comprendida entre a Serra de Argalo en Galicia e as Serras de Gávea, Salgosa e Covas en Portugal que forman un espazo protexido polas elevacións. Posiblemente as características máis propicias do territorio galego nesta zona, levaron os portugueses a tomar este lugar e utilizalo como lugar de control da vía de comunicación con outras poboacións importantes do Baixo Miño e como punto de partida de varias incursións no país veciños. De feito, conquistado e fortificado Goián en 1663, impúlsase a toma da Guarda en 1665.

      Trala firma do tratado de Paz entre os dous países en 1668 en Lisboa, cada país devolve o ao veciño os territorios conquistados. Goián volve a mans galegas e, nese momento, destrúense as fortificacións realizadas en territorio galego polos portugueses para empregar o material na construción do Forte de San Lourenzo na beira do río Miño.

      Obxectivos da xeira e itinerario proposto

      O obxectivo desta xeira é coñecer ben unha parte da paisaxe fortificada do Baixo Miño:

      Que elementos compoñen esta paisaxe?
      Como son as estruturas fortificadas?
      Que estado de conservación teñen?
      Como foron os procesos patrimoniais a un e outro lado da fronteira?
      Así como observar a fraxilidade das fortificacións en terra.

       


      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Presentación do libro " Na casa da avoa" de Marta Dacosta o venres 21 de abril ás 20:00h
      10 Abril 2017

      Siguiente publicación

      David Posada González, un dos científicos máis influentes do mundo, no faladoiro "Cancro e evolución" o venres, 28 de abril, ás 20:30h
      21 Abril 2017

      Tamén che pode interesar

      RESERVA DE PRAZAS: Xeira nocturna polo mar de Panxón. Talasonimia e naufraxios. Venres, 21 de xullo.
      10 Xullo, 2017

      Comeza o prazo de apertura para inscribirse na xeira nocturna “Polo mar de Panxón. Talasonimia e naufraxios” dende mañá martes 11 de xullo ata o 19 de xullo no teléfono 986 36 05 75 dende 10:00 h a 13:00 h. …

      mtetn
      XEIRAS VERÁN IEM: Tomiño – Monte Tetón. Mércores 12/7 ás 21:00H
      10 Xullo, 2017
      2017-xeiras. d-vern iem 2017
      XEIRAS IEM VERÁN 2017
      28 Xuño, 2017

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?