5ª Xeira Alén Miñor – Pescar lampreas no Miño e no Tea
Xa medraron os días abondo. Unha visita ó maior río do país e máis ó Tea. Co cometido de estudarmos o xeito de pescar a lamprea entre A Barra e a presa da Frieira. O mesmo peixe, dependendo da orografía do río, péscase de maneiras distintas: tramallos, fisga, cabaceiras, vituróns. Será unha visita cunha forte carga etnográfica. As artes citadas empréganse dende embarcacións, pontes de madeira, cotos e… pesqueiras, as construcións, quizais milenarias, que modificaron a paisaxe do río.
Os netos de Aquilino de Barcela armarán un viturón en Canelas debaixo da Estación de Sela e dende o puntal da pesqueira largarán a rede cabeceira.
Na Ponte da Fillaboa Miguel de Arantei amosaranos como se traballa coa fisga na estacada número cinco.
Na Pasaxe de Camposancos Víctor e Víctor largarán o tramallo entre O Muelle do Serrucho e As Lobeiras. Antes comeremos lampreas pescadas alí mesmo esa noite. Lamprea á bordalesa ou carne para quen o desexe.
A VIAXE
– 2 de abril de 2016, sábado.
– Saída ás 8h30 en autocar dende a sede do IEM en Gondomar. Por favor, estar ás 8h15 para sermos puntuais.
– Comezamos a visita en Sela (Arbo) ás 10h para xantarmos na Pasaxe (Camposancos) ás 14h30/ 15h.
– Chegada ás 20h30 a Gondomar.
– Haberá máis visitas das indicadas no texto.
– Na inscrición indicar entre lamprea ou carne para xantar.
– Prezo é de 35€ para os socios e 45€ os non socios. Inclúe autocar, seguro, guías e xantar.
– Guiarán os citados no texto máis Anxos e Xosé Lois Vilar Pedreira.
PRAZAS: 55. As reservas farémolas por rigorosa orde de chegada.
O pago realizarase exclusivamente na conta do IEM (ES95 2080 5035 0730 4001 4164)
ou en metálico nas oficinas. De luns a venres de 18 a 21 horas.
Telf. IEM: 986 36 05 75
Telf. coordinardor (Pablo Casal): 627 27 68 16