Ábrense inscricións para a Xeira Marítima pola Ría de Baiona.
A segunda Xeira do IEM (17/07/2013) deste verán é unha visita ó mar do Val Miñor. Non é un simple paseo pola coido do mar, senón que escollemos as 8 da tarde como hora de partida para ollar a posta do sol do horizonte inmenso contando a súa historia e a talasonimia dos mariñeiros, percebeiros, argaceiras da costa de Oia, Baiona e Panxón.
Falaremos de maufraxios, de represión no 36 á beira do mar, de faros, de balizas, de illas, illotes, gamelas, artes de pesca, marcas en terra… e do fondo de area, de cuncha, de pedra e do sebeiro que o apalpou.
Para asistir á Ruta marítima pola Ría Baiona é preciso abonar previamente a viaxe na conta do IEM (2080.5035.07.3040014164, de NovacaixaGalicia), anotando o nome do viaxeiro e a palabra BARCO en “Concepto”. Prezos: Menores de 3 anos, de balde; 3-10 anos: 10 €; maiores de 10 anos: 15 €. O prazo para anotarse vence o luns 15 de xullo. Pode informarse no teléfono (680644490) ou na sede do IEM (Avda da Feira Nº10, baixo, Gondomar) de luns a venres de 18 a 22 horas.
Lembramos que a Xeira marítima terá lugar o día 17 de xullo e o punto de encontro será no porto de Baiona ás 20 horas.

Etiqueta:Xeiras 2013