• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Calendario

      • Inicio
      • Blog
      • Calendario
      • Andaina pola Serra da Groba con Verdegaia, o IEM e mais SOS Groba.
      CARTAZ-VAI-DE-ROTEIROS-individual-SERRA-DA-GROBAjiem

      Andaina pola Serra da Groba con Verdegaia, o IEM e mais SOS Groba.

      • Publicado por IEM
      • Categorías Calendario
      • Data 19 Marzo 2011
      • Comentarios 0 Comentarios

      O vindeiro domingo 20 de marzo, as asociacións S.O.S. Groba, Instituto de Estudos Miñoranos e Verdegaia organizarán un novo roteiro do programa de roteiros mensuais de Verdegaia “Vai de roteiros!” pola Serra da Groba, a serra mareira máis meridional da Galiza. A nosa intención é amosar as particulares características faunísticas, florísticas, xeolóxicas, arqueolóxicas, etnográficas e a singular beleza deste espazo natural ó mesmo tempo que analizamos as agresións e ameazas que padece. A saída será as 9:45 h. da estación de autobuses de Vigo ou ás 11 h. da porta do Parador de Baiona dende onde se subirá en coches particulares á parte alta da serra. O roteiro durará todo o día, polo que se recomenda levar auga, comida e algo de conversa. É imprescindible a inscrición previa .
      O programa Vai de rotieros! abrangue a totalidade da xeografía galega e zonas próximas, perseguindo diferentes fins como servir para divulgar os valores naturais, culturais e etnográficos das zonas visitadas, dar a coñecer e denunciar as desfeitas que se detectan nas zonas polas que transcorra o roteiro, fomentar a participación cidadá en actividades relacionadas coa natureza, ser un elemento de ocio máis ofertado gratuitamente á cidadanía, e fomentar o traballo conxunto entre asociacións, entre outras finalidades.
      Así, cada terceira fin de semana do mes, un dos núcleos comarcais de Verdegaia é responsable da organización e realización dun roteiro no que tentamos integrar elementos naturais e culturais, educativos e reivindicativos para coñecer e valorar mellor o noso medio e o noso impacto sobre el.
      Como dixemos, o roteiro comezará en autobús para os residentes en Vigo, evitando deste xeito o uso do vehículo privado. Comezaremos camiñando no Curro da Valga para dirixirnos ós petróglifos e turbeira de Gordobalo. Máis tarde pasaremos por mámoas, muíños, cruceiros e marcos divisorios para chegar á turbeira de Os Salgueiriños. Unha vez aquí, seguiremos camiñando cara as turbeiras do Campo dos Sapos e do Curro vello, gozaremos das fermosas augas do regato da Quiringosta, e camiñaremos pola Boca da Costa de Seixán, o Monte de A Bandeira, e o Alto do Castelo. O roteiro finalizará na antiga caseta forestal para voltar de novo ó Curro da Valga .
      Entre os valores naturais do espazo natural salientan a grande riqueza avifaunística coa que conta a Serra da Groba na que habitan nove especies de aves incluídas no Anexo I da Directiva Aves da UE a parte doutras moitas incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, especies de animais catalogadas coma de interese comunitario pola Directiva Hábitats da UE (tres de mamíferos e nove de anfibios e réptiles), as numerosas especies de animais incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, os hábitats catalogados coma prioritarios pola Directiva Hábitats da UE (“Breixeiras húmidas atlánticas meridionais de Erica ciliaris e E. tetralix”, Formacións herbosas con Nardus e “Turbeiras ácidas de esfagnos”), os hábitats catalogados coma de interese comunitario pola Directiva Hábitats da UE (“Breixeiras secas”, “Vexetación casmofítica de pendentes rochosas. Subtipo silícola” e “Pastos pioneiros en superficies rochosas”), as charcas estacionais,…
      Durante o roteiro tamén teremos a oportunidade de coñecer outros valores cos que conta serra tais coma as mámoas, os petróglifos, os curros (a serra constitúe o hábitat da mellor poboación galega de cabalo de monte cunha cabana de 2.500 cabezas de grande riqueza xenética), as numerosas lendas de transmisión oral, a gran calidade ambiental coa que conta este espazo…
      Por todos estes valores, en 2008 e co apoio doutros 15 colectivos ecoloxistas e conservacionistas, Verdegaia presentou perante a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia unha proposta de inclusión do espazo natural dentro da Rede natura 2.000 da que a día de hoxe aínda non se ten resposta.
      Entre as agresións e ameazas que sofre este prezado espazo natural salientan os proxectos de parques eólicos e campo de golf, as plantacións de eucalipto, a caza, a apertura indiscriminada de pistas, os lumes forestais,… que analizaremos ó longo da xornada.
      Nesta actividade contaremos cun guía especializado (bo coñecedor da serra e os seus valores) que realizará paradas explicativas. A actividade durará todo o día polo que cómpre levar comida, calzado e roupa axeitados, e prismáticos se se dispón deles. Ademais, é aberta e gratuíta para todas e todos. 
Ademais, o roteiro organízase en transporte público colectivo para non empregar o vehículo privado e así non contribuír ao avanzo da mudanza climática.

       

      Máis información e inscricións: Diego R. Vieites, responsable da Área de Biodiversidade e Secretario Xeral de Verdegaia (670 784 919, diegodalimia@yahoo.es ).

      Etiqueta:Andaina pola Groba

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Inaugurada a mostra My Favorite Things do artista Vítor Mejuto na Aula de Cultura Ponte de Rosas
      19 Marzo 2011

      Siguiente publicación

      Concerto de piano e guitarra na Aula de Cultura Ponte de Rosas.
      21 Marzo 2011

      Tamén che pode interesar

      RESERVA DE PRAZAS: Xeira nocturna polo mar de Panxón. Talasonimia e naufraxios. Venres, 21 de xullo.
      10 Xullo, 2017

      Comeza o prazo de apertura para inscribirse na xeira nocturna “Polo mar de Panxón. Talasonimia e naufraxios” dende mañá martes 11 de xullo ata o 19 de xullo no teléfono 986 36 05 75 dende 10:00 h a 13:00 h. …

      mtetn
      XEIRAS VERÁN IEM: Tomiño – Monte Tetón. Mércores 12/7 ás 21:00H
      10 Xullo, 2017
      2017-xeiras. d-vern iem 2017
      XEIRAS IEM VERÁN 2017
      28 Xuño, 2017

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?