Calendario das Xeiras do verán 2011 do IEM
Como xa é tradicional no verán o Instituto de Estudos Miñoranos organiza por décimo ano consecutivo unha serie de visitas-guiadas ou Xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val de Miñor e a súa contorna. Trátase de pequenos percorridos a realizar polas tardes ou ao anoitecer dirixidos por especialistas no tema da visita.
AS XEIRAS Verán 2011 DO IEM
Data |
Saída |
Guías |
Punto de encontro |
6 xullo, mércores 17,30 |
De Prado ao Galiñeiro |
Xosé Ramón García, Eduardo Méndez |
Local do IEM |
13 xullo, mércores 22,00 |
Os petróglifos de Auga da Laxe |
Eduardo Méndez, Xilberte Manso |
Local do IEM |
20 xullo, mércores 18,00 |
A Groba: de Belesar á Chan da Lebre. Volta en autobús, 3 € |
Xosé Ramón García Xilberte Manso |
Praza de Sabarís |
27 xullo, mércores 18,00 |
Románico no Val Miñor. Prezo do autobús, 5 € |
Margarita Vázquez |
Local do IEM |
3 agosto, mércores 18,00 |
Tramo final do río Muíños |
Xosé Lois Vilar, Xosé Ramón García |
Quiosco Pasión Praia P. América |
10 agosto, mércores 21,00 |
Noite de estrelas e lobos |
Xilberte Manso, Gustavo Sanromán |
Chan da Lagoa |
17 agosto, mércores 18,00 |
Antonio Palacios: obra no Val Miñor |
Xosé Ramón Iglesias |
Templo de Panxón |
24 agosto mércores 18,00 |
Pazo do Conde |
Antonio Soliño |
Local do IEM |
Local do IEM: Aula de Cultura Ponte de Rosas. Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar. |
Etiqueta:As Xeiras do Verán 2011