Chega a “Noite de estrelas e lobos” na Serra da Groba.
{rokbox title=|Como se caza o lobo| thumb=|images/stories/videos_capas/como-se-caza-o-lobo.jpg| size=|854 505| album=|demo|} http://www.youtube.com/watch?v=6F1xuC1R-XA&feature=channel_video_title {/rokbox}
Continúan as Xeiras 2011 que organiza o IEM. Esta semana, coa colaboración da Asociación Astronómica Rías Baixas, para unha “Noite de estrelas e lobos” na Chan da Lagoa na Serra da Groba (Baiona).
Visitaremos un vello foxo de lobos e, coa axuda dos asistentes, daremos caza ao espírito do lobo que metía medo aos vellos habitantes e gando da nosa serra da Groba. Cando nos pase o susto teremos tempo para que un membro da Asociación Astronómica Rías Baixas –con permiso da climatoloxía- nos ilustre sobre o ceo de verán.
Dado que parte do percorrido será nocturno recomendamos levar lanternas e, previsoriamente, roupa de abrigo, así coma algún instrumento para facer ruído e escorrentar ao lobo. Non sobrará algunha manta ou toalla grande para pór no chan e poder mirar para o ceo nunha posición cómoda. E, se cadra, bebida quente ( chocolate, café, té, etc).
Detalles da Xeira
• Mércores, 10 de agosto de 2011
• Hora: 21,00
• Saída de Chan da Lagoa.
• Guías: Xilberte Manso, Gustavo Sanromán (A.A.R.B.)
Etiqueta:Xeiras do verán 2011