Inauguración do Roteiro Arqueolóxico polos montes da Comunidade de Couso, Gondomar
O próximo sábado 19 de novembro ás 17h. inaugurarase o Roteiro Arqueolóxico da Comunidade de Montes de Couso que terá tanto a súa saída e chegada no mirador de Santo Antoniño.
Esta intervención, promovida pola Comunidade de Montes Veciñais de Couso foi executada pola Sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos. No percorrido visitaranse os Petróglifos do Sobral, o Castro de Arriba e as mámoas do Outeiro das Pipas. Este percorrido durará unhas dúas horas e media e será guiado polo arqueólogo do IEM, Xosé Lois Vilar Pedreira.
Haberá vehículos de asistencia para aquelas persoas que desexando coñecer o roteiro teñan dificultades para camiñar.
Podes consultar o tríptico do Roteiro.