Inscricións para a Xeira polo románico do sur de Pontevedra e norte de Portugal
O vindeiro domingo 10 de xuño O Sorriso de Daniel (asociación de amigos do románico), en colaboración co IEM organizan unha xeira polo románico do sur de Pontevedra e norte de Portugal. O IEM conta con 20 prazas, podedes anotarvos, por favor antes do mércores 6 de xuño a través do correo oficina@minhor.org ou o teléfono 986 360 875 (de 18 a 22 horas).
Para acceder ao programa completo da percorrida preme aquí.
Etiqueta:xeira románico