Percurso polo muíños dos ríos de Couso
En colaboración coa Comunidade de Montes de Couso temos elaborado un roteiro e un folleto explicativo sobre os Muíños desta parroquia de Gondomar.
O texto e as imaxes son do compañeiro Xilberte Manso de la Torre, que xunto a Xosé Antón Araúxo serán os guías deste percorrido.
Agora compre botar a andar e como está un outono para pasear convidámosvos a coñecer o roteiro o vindeiro domingo 17 de outubro. Sairemos ás 17h. da Casa Veciñal de Couso e remataremos no mesmo lugar, xa que é un roteiro circular. O percorrido é duns 9,3 Kms. e a duración estimada de 3,5 h. , o último tramo coincide co do Roteiro das Greas, por camiño asfaltado polo que non sería problema que ainotecese un chisco.
Achégase o folleto en formato .pdf
Etiqueta:comunida de montes de couso, COUSO, galicia, gondomar, muíños, pontevedra, ríos couso, senderismo, Xeira, Xilberte Manso