Últimas prazas para inscribirse no autobús có que percorreremos a xeira polo Románico do Val Miñor.
O vindeiro mércores 27 de xuño, en colaboración con “O Sorriso de Daniel” visitaremos os puntos mais interesantes do Románico do Val Miñor. Por razóns de comodidade esta Xeira contará cun autobús, para o que será preciso anotarse previamente no noso teléfono, 986360575, en horario de 18,00-22,00, ou por correo electrónico ( oficina@minhor.org ), ata o martes 26 de xullo. O prezo deste bus é de 5 €.
• Mércores, 27 de xullo de 2011
• Hora: 18,00
• Saída do local do IEM (Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda da Feira, 10. Gondomar)
• Guía: Margarita Vázquez Corbal
Achegamos folla informativa
Etiqueta:Xeiras verán 2011