Venres 22 de xullo nova visita nocturna aos petróglifos do Monte Tetón no concello de Tomiño.
O equipo de xeiras do IEM anuncia unha nova visita nocturna ao Monte Tetón dentro do calendario de Arte Rupestre “Alén Miñor”,do verán 2011. A saída será o vindeiro venres 22 de xullo ás 22:00 horas e o punto de encontro será na Casa do Concello de Tomiño.
Eduardo Méndez será o guía deste percorrido por unha das concentracións de petróglifos más fermosa do sur de Galicia. A actividade é para todo público e totalmente gratuíta. Recoméndase ter a precaución de levar auga para beber, lanternas, abrigo e calzado apropiado para a travesía.
{youtube}ZhTKXg65IL4{/youtube}
Etiqueta:As Xeiras do Verán 2011