Visita guiada do IEM polas parroquias de Malvas e Tebra.
O vindeiro sábado 29 de xuño a partir das 5 da tarde terá lugar unha xeira guiada polo arqueólogo Xosé Lois Vilar do Instituto de Estudos Miñoranos. A actividade organizada pola Asociación C. de Malvas partirá da capela de Sanodomedio (Malvas – Tui) e percorrerá diversos xacementos arqueolóxicos, estacións de arte rupestre e enclaves naturais de particular fermosura localizados nas parroquias limítrofes de Malvas (Tui) e Tebra (Tomiño).
A ruta
Da capela de Sanodomedio o grupo partirá cara ao xacemento da Mina da Cova da Moura, espazo catalogado e en estudo que podería albergar os restos dunha explotación aurífera da época romana. Posteriormente, Xosé Lois Vilar conducirá aos visitantes ao conxunto de mámoas (necrópolis neolíticas) localizadas en Couso de Malvas.
Finalmente, os visitantes ingresarán á zona do Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón (Tebra-Tomiño), para contemplar as fermosas vistas e coñecer a toponimia e o patrimonio etnográfico que agocha o enclave coñecido como Alto da Bandeira. A visita rematará cunha charla sobre arte rupestre ao pé do conxunto de petróglifos As Portaxes, no que se atopa o maior gravado de pedra con círculos concéntricos de Europa.
A actividade é aberta a todo público.

Etiqueta:Xeiras 2013