Xeira do IEM polo Cotos de Chaín.
O vindeiro mércores 8 de xullo terá lugar a Xeira “Os cotos de Chaín”. O percorrido contará coa guía das profesoras Pura González Martínez e Margarita Miramontes, autoras dun estudo sobre o enclave publicado nos Cadernos do IEM . O punto de encontro será na sede do IEM, Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº10, baixo, Gondomar) ás 18 horas.
A actividade é para todo público e totalmente gratuíta sen inscrición previa. Recoméndase ter a precaución de levar auga para beber, e calzado apropiado para a travesía e gorro.
Xunto coa folla informativa da Xeira achegamos o libro “Os cotos de Chaín” en versión dixital para descarga gratuíta.
Esperámosvos
Folla informativa
Libro para descargar (PDF)