Xeira do IEM por Monteferro
Este mércores 14 de agosto de 2013, terá lugar unha ruta por Monteferro, no marco das Xeiras do IEM. O punto de encontro será no aparcamento de Patos, a carón da Residencia de Tempo Libre (preme aquí para ver o mapa), ás 18 horas. Coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar e o botánico Xosé Ramón García, percorreremos “un mar de nomes, muíños e petróglifos” localizados na devandita península do concello de Nigrán.
Un mar de nomes
Comezaremos a ruta pola zona máis setentrional na Area das Canas e A Punta do Caranquexo e que nos levará ate o extremo oeste da península de Monteferro, cara ás illas Estelas cun cento de topónimos marítimos: talasónimos.
Un mar de naufraxios
Falaremos dun cento de naufraxios que tiveron lugar fronte ou na costa da ría de Baiona e Panxón. Nun tempo sen GPS, con menos seguridade marítima, con máis necesidade de saír pescar. Naufraxios que, ás veces, deixaron mortos, viúvas, orfos, riqueza, e que tamén deixaron talasónimos.
Un mar de muíños e petróglifos
Visitaremos tamén o xacemento arqueolóxico As Penisas Pequenas ou A Porta, aquí cóntanse uns 19 muíños, coviñas e varias pegadas espidas de pés humanos dun número 38. Este tipo de muíños naviculares, non circulares, coñécense en Galicia desde hai máis de 6000 anos, chegaron aquí da par da neolitización, é dicir, da domesticación de plantas e animais.
Para participar da mesma só hai que estar no punto de encontro, con roupas e calzado cómodos e levar auga e algún alimento para repor forzas. Lembrade que para manter estas e as demais actividades do IEM precisamos sobre todo da vosa presenza pero tamén da vosa colaboración e axuda, que pode ser dende facerse socio, mercar un libro ou unhas postais. Para iso no punto de encontro contaremos cunha mesa coas nosas publicacións, uns xeitosos gorros para utilizar na xeira e fichas para facerse socio.

Etiqueta:Xeiras 2013