Xeira Marítima á Illa de Ons no Día das socias e socios do IEM.
Amigas e amigos, estamos a preparar a terceira Xeira Marítima do ano. Neta ocasión a proposta é compartir un día de convivencia na Illa de Ons entre os socios e socias do IEM e as súas familias. Será o vindeiro sábado 12 con partida da estación marítima de Baiona ás 8:30 da mañá e regreso ao mesmo lugar a partir das 17:30. Pregamos inscribirse á brevidade pois contamos cun barco de só 150 prazas para esta ocasión.
Na illa faremos percorridos guiados por expertos en diversas áreas de intereses. Ao medio día se poderá comer nalgúns dos restaurantes da illa ou quen queira pode levar algo dende casa e optar polos merendeiros ou espazos a tal fin con que conta Ons.
Os interesados en participar deben comunicarse co teléfono 986 360 575 a partir de hoxe das 18 a 22 horas. Só unha vez confirmada a praza farán o depósito na conta do IEM Nº 2080.5035.07.3040014164 de ABANCA.
Prezos
Socios: 10€
Menores de 12: 10€
Acompañantes non socios: 15€