Xeira Marítima do IEM polo Val Miñor e as Illas Cíes.
Amigas e amigos, estamos a preparar a segunda Xeira Marítima do verán. Neta ocasión a proposta é partir dende o porto de Baiona, atravesar as Illas Estelas, bordear Monteferro e poñer proa cara ás Illas Cíes. O arqueólogo Xosé Lois Vilar acompañará a navegación cunha abundante información desta zona xeográfica así como das diversas culturas que a habitan. Posteriormente gozaremos das vistas que ofrecen as costas de Vigo e o Val Miñor no lusco fusco dende a nave.
A Ruta terá lugar o mércores 12 de agosto con saída no porto de Baiona ás 21 horas. É necesario facer unha inscricións previa no teléfono 986360575 o día venres de 18 a 21:30 horas.
Prezos:
Socias e socios do IEM 10 euros
Menores de 12 anos 10 euros
Público en xeral 15 euros.
De lle confirmar a praza, deberán facer o aboamento na conta corrente 2080.5035.07.3040014164 de ABANCA