Xeira polo tramo final do Río Muíños. Unha excursión pola toponimia e os bosques de ribeira atlántica.
O vindeiro mércores 3 de agosto terá lugar a saída polo tramo final do Río Muíños. O percorrido contará coa guía do director da sección de xeiras do IEM, Xosé Ramón García e o arqueólogo Xosé Lois Vilar. O punto de encontro será o quiosco “Pasión Praia“, na Praia Lourido (tamén coñecida como Praia América) en Nigrán, ás 18 horas. A actividade é para todo público e totalmente gratuíta. Recoméndase ter a precaución de levar auga para beber, e calzado apropiado para a travesía.
Etiqueta:Xeiras verán 2011