Imaxes da Xeira nocturna ao Monte Tetón do 13-08-2010
Din as lendas que os venres 13 non son bos para vagar sós pola noite. Tamén din que meigas e bruxas aferrollan as almas dos mortais que camiñan pola escuridade.
Malia isto, máis de cento cincuenta persoas decidiron desafiar as vellas supersticións e xuntarse no Concello de Tomiño para subir ao Monte Tetón e compartir unha noite de Petróglifos e Estrelas xunto aos nosos guías Xosé Lois Vilar, Xilberte Manso e Gustavo Sanromán. Deixámosvos as imaxes deste percorrido para o gozo dos que foron e dos que non. Pero coidado, que nos non cremos nas meigas pero habelas hainas!
Imaxes: Bruno Centelles e Xilberte Manso.
{youtube}E9_Qk7ktp-4{/youtube}
Etiqueta:estrelas, estrellas, galicia, gravados rupestres, Monte Tetón, petróglifos, pontevedra, Tomiño, xeiras