Noite máxica no Monte Terroso
As xeiras nocturnas teñen a maxia que escenifica a escuridade. A presenza da natureza ten outras cores e outras mensaxes que baixo o reinado do sol non podemos observar. Si alguén o tiña claro foron os antigos habitantes da nosa terra, que deixaron os seus gravados nas rochas para que só se amosen cando o astro rei se deita ou apenas se ergue polo horizonte. Os namorados da arte rupestre saben ben disto e fan os seus traballos de estudo arqueolóxico ou pola mañá cedo ou entre o lusco e o fusco. Por iso as xeiras rupestres chegan ao monte pola noite, porque só así os visitantes terán a posibilidade de atopar as voces que dende antigo murmuran as vellas cantigas que arroupan os enigmáticos legados. Pica aquí para ver as imaxes da Xeira polo Monte Terroso, Salcidos A Guarda.
Pica aquí o calendario das Xeiras, crónicas e imaxes.
Pica aquí o calendario das Xeiras, crónicas e imaxes.
![]() |
a guarda |
Etiqueta:A Guarda, Monte Terroso, Salcedo, Xeiras do Iem