Viaxe virtual pola Xeira dos montes de Couso.
A xeira iniciouse no Local do IEM ás 18 h, para continuar en coche ata a área de lecer do alto do Viso, perto de Santo Antoniño, onde deixamos os veículos. Logo subimos a pé ata o alto dos Castros para ver as fermosas vistas sobre o Val Miñor e a posible ubicación dun poboado castrexo.
A seguir baixamos cara a estrada pola parte sur, pasando por un pequeno souto de castiñeiros ata chegar a estrada, cruzamos para abaixo e a uns 500 m chegamos a laxe gravada cos petróglifos do Sobra,l un dos máis singulares de Couso, uns cuadrúpedes que semellan cabalos. Rematamos voltando ao aparcamento da area panorámica e observamos como se deitaba o sol no océano. Pica aquí para ver imaxes da xeira.
Etiqueta:COUSO, Xilberte Manso, Xosé Lois Vilar.