Xeira na Parroquia de Viascon: Escolma de Imaxes
{youtube width=”200″ height=”160″}azHpZIQjUgU{/youtube}
Venres20-08-2010
Chegamos aínda con día para comprobar o estado da Portela das Laxes, na parroquia de Viascón, no concello de Cotobade. Ás dez da noite comezou na Casa do Pobo de Viascón a charla-presentación “Arte Rupestre Galega” de Xosé Lois Vilar.
Ao remate da presentación visitamos (sempre en Viascón, Cotobade), en primeiro lugar, o conxunto da “Laxe das Coutadas” con arte abstracta na zona máis chan da laxe (coviñas, combinacións de circos concéntricos e liñas) e arte figurativa no perímetro da pedra, coincidindo con paredes máis inclinadas (uns 18 cérvidos, algúns deles con xenerosa cornamenta).
Esta Laxe está nunha propiedade privada e hai que destacar que entre as persoas que participaron na xeira estaban os actuais propietarios da finca. Foron estas persoas quen nos dixeron o nome do lugar: “A Veiga das Coutadas”.
Rematamos esta Xeira visitando o conxunto da Portela das Laxes.
Xosé Lois, Xilberte, Tonecho e Bruno completaron a noite cun par de visitas máis: Ao conxuntos de arte rupestre “A Portela da Cruz” e “A Laxe do Cuco” en San Xurxo de Sacos, tamén no Concello de Cotobade
Etiqueta:celtas, cotobade., españa, galicia, petróglifos, pontevedra, viajes, viascon, xeiras, Xosé Lois Vilar.