Xeira na Parroquia de Viascón – Cotobade, 20-08-2010
O próximo venres 20 o equipo das Xeiras do IEM achégase á Parroquia de Viascón (Concello de Cotobade) para unha nova xornada nocturna. O punto de encontro é no Centro Cultural de Viascón as 22h. En primeiro lugar o programa inclúe unha proxección comentada sobre a arte rupestre en Galicia a cargo do arqueólogo Xosé Lois Vilar. A continuación o grupo partirá cara os petróglifos A Portela da laxe e A Laxe das coutadas.
Ligazóns de interese:
A arte rupestre no Concello de Cotobade
Etiqueta:a laxe das coutadas, a porta da laxe, cotobade., petróglifos, viascon