Xeiras pola Serra da Groba e por Chandebrito
Información
A próxima semana teremos as seguintes xeiras:
O mércores 10 de agosto, “Ouro, estrelas e lobos pola Serra da Groba. Pinzás. Tomiño”. A saída será dende a igrexa de Pinzás ás 19:30 horas e acompañarannos os especialistas Xosé Lois Vilar, Xilberte Manso e Bruno Centelles.
O venres 12 de agosto, “Auga, gravados e estrelas en Chandebrito. Nigrán”. Nesta ocasión acompañarannos os especialistas Xosé Lois Vilar, Bruno Centelles e Xulio Pereira da Agrupación Astronómica Rías Baixas. Teremos dous puntos de encontro:
-
- ás 19:30 horas no concello de Nigrán, ou
- ás 20:00 horas no Torreiro de Chandebrito.
Detalles e recomendacións:
Dado que parte do percorrido será nocturno recomendamos levar lanternas e, previsoriamente, roupa de abrigo e, se cadra, bebida quente ( chocolate, café, té, etc).
Agardamos contar coa vosa presenza.