• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Documentos

      • Inicio
      • Blog
      • Documentos
      • O clima no Val Miñor.
      o-clima

      O clima no Val Miñor.

      • Publicado por IEM
      • Categorías Documentos
      • Data 28 Agosto 2012
      • Comentarios 0 Comentarios

      Presentación: “O Clima no Val Miñor”, é unha pescuda desenvolvida polo profesor Salvador Rodríguez Muñóz* , en base a datos recollidos entre os anos 1987 – 1999 na estación termopluviométrica do Instituto Nacional de Meteoroloxía no Val Miñor. A súa versión orixinal está publicada na Revista de Estudos Miñoranos Nº1 do ano 2001.

      {jathumbnail off}

       

      O clima no Val Miñor.

      A situación xeográfica do Val, a carón do mar, unida á súa orografía (as serras circundantes non son moi elevadas) fai que poidamos cualificar o seu clima como de tipo oceánico, suave e chuvioso con certa tendencia á aridez estival, como xa veremos. O Val, afectado polas altas presións subtropicais (anticiclón das Azores) e as baixas noratlánticas, vese sometido ao predominio dos ventos do oeste e do suroeste, que teñen un doado acceso ó Val dada a orientación oeste-leste do mesmo.
      Para a análise da meteoroloxía local dispoñemos dos datos recollidos pola Estación Termopluviométrica do Servicio Nacional de Meteoroloxía, sita no Instituto de Educación Secundaria “Escolas Proval”, en funcionamento desde mediados do ano 1986. Os datos estudados abranguen o período 1987-1999, é dicir, trece anos que permiten facemos unha idea bastante aproximada do clima no Val.
      Temperaturas
      A temperatura media anual sitúase arredor dos 14,5°C. As desviacións respecto deste valor non superan dun ano ao outro os O,9°C. A media das temperaturas máximas é 19,7°C, e a media das mínimas é 9,3°C, con variacións interanuais igualmente pequenas, como observamos na gráfica seguinte.

      taboa-1

      O mes máis frío é xaneiro, cunha temperatura media de 10°C e mínima media de 5,4ºC. Os meses máis calorosos son xullo e agosto, cunha temperatura media de 19,4°C e 19,5ºC respectivamente, e cunha media das máximas de 25,2°C e 25,4°C respectivamente. A amplitude térmica anual oscila, polo tanto, arredor dos 10°C, moi pequena, debida sen dúbida á proximidade do océano e ao seu efecto termorregulador

      taboa-2

      En canto ás temperaturas extremas, o número de días con temperatura mínima inferior aos cero graos Celsius é de once, por termo medio. A mínima absoluta no período estudado foi de -5°C, no ano 1987. Pola outra banda, o número de días con temperatura máxima igual ou superior aos 30°C é de oito, sendo a máxima absoluta do citado período 37,5°C, no ano 1995.

      taboa-3

      O paso do inverno á primavera faise de forma suave. O ascenso máis pronunciado das temperaturas ocorre entre os meses de abril a maio. O descenso de temperatura logo do período estival prodúcese de xeito continuo e bastante uniforme.
      Horas de insolación
      O número de horas de sol sitúase sempre por riba das 2.100 horas/ano, sendo a media 2.266 horas/ano. Os meses menos soleados son novembro e decembro, e os máis soleados xullo e agosto, como cabía esperar, con dez horas de sol ao día.

      taboa-4

      Cómpre subliñar que, dentro do Val, as zonas orientadas ao sur, protexidas dos ventos do norte, están máis expostas ao sol, o que fai que haxa unha notable diferenza na densidade de poboación entre a marxe dereita do Val (Chandebrito, Priegue, Camos, Parada … ) e a esquerda (Borreiros, Donas, Mañufe, Couso … ).
      Balance hídrico
      A precipitación media anual sitúase, no período analizado, nos 1.413 11m2, lixeiramente superior aos 1.293 11m2 das vertentes N e NW da Península Ibérica. O número de días de chuvia oscila arredor dos 132 ao ano.
      Pola contra, a evaporación potencial media, que representa o número de litros de auga que se evaporan por cada metro cadrado de terreo, é de 794,9 11m2, claramente inferior á precipitación media; o balance hídrico entre precipitacións e evaporación é, tódolos anos, positivo.
      Cómpre destacar a notable diminución das precipitacións producida arredor do ano 1992, como se observa no histograma seguinte

      taboa-5

      A tendencia a unha certa aridez estival mencionada anteriormente apréciase de forma evidente (gráfica seguinte) no balance hídrico dos meses centrais do ano: en xuño, xullo e agosto a evotranspiración é significativamente superior á precipitación. Nembargante, a reserva de humidade do solo non chega a esgotarse totalmente en ningún mes do ano.

      taboa-6

      Datos comparativos
      Por último, é interesante comparar brevemente os valores climáticos do Val Miñor cos da veciña poboación de Vigo (estación meteorolóxica de Peinador) e cos valores de Galiza en conxunto. Nas gráficas vese que as temperaturas son máis extremas no Val que na veciña zona de Vigo: as máximas son consistentemente máis altas e as mínimas máis baixas. E na outra gráfica apréciase como as precipitacións son inferiores no Val con respecto ao aeroporto.

      taboa-7

      taboa-8

      taboa-9

      En canto á comparación do clima no Val co do resto de Galiza, observamos que as temperaturas mensuais medias son máis suaves no Val: nos meses de outubro a maio (outono, inverno e primavera) as temperaturas son máis altas, e nos meses centrais do ano (verán) máis baixas que en Galiza en conxunto:

      taboa-9b

      Nas precipitacións sinalamos que os meses centrais do ano (xuño a setembro) son máis secos que no resto de Galiza, e máis chuviosos os restantes do ano:

      taboa-9bb

      No cadro seguinte resumimos os datos máis relevantes do clima do Val Miñor.

      taboa-9bbb

       

      *Salvador Rodríguez Muñoz. (Zamora,1957). Licenciado en Química pola USC. Profesor de Física e Química no IES “Escolas Proval” do que foi Director durante moitos anos. Dende 1987 é responsable da estación termopluviométrica do Instituto Nacional de Meteoroloxía no Val Miñor.

      Etiqueta:Clima Val Miñor

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Os muíños de Vincios, testemuña dunha empresa feminina e comunal.
      28 Agosto 2012

      Siguiente publicación

      Polo Miñor entre terra e mar, de Francisco Fernández del Riego.
      28 Agosto 2012

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?